PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
Na Coruña
Achegarte substitúe ao Cultur.gal

Redacción .  A festa de creación cultural que o Concello da Coruña vai celebrar en Palexco e o Quiosco Alfonso na última fin de semana de novembro, os días 28 e 29, xa ten nome. Despois de someter a denominación ás propostas do público, os organizadores decantáronse por Achegarte.

Reloxo 03.11.2009 | 11:13

O evento, que se organizará en Palexco e o Quiosco Alfonso, contará con todo tipo de actividades culturais. Libro e lectura, cinema, coloquios, concertos, danza, educación, encontros e xornadas, escritores, escultura, espectáculos, exposicións, feiras, fotografía, galerías, infantil, internet, lingua, mesas redondas, música, obradoiros, pintura, poesía, presentacións, recitais, teatro, vídeo terán cabida e representación nesta cita.

Con este evento a concellería de Cultura do Concello da Coruña quere dar a coñecer ao gran público os proxectos e produtos das industrias culturais galegas nun ambiente festivo e distendido como alternativa ao Cultur.gal, evento organizado nos dous últimos anos con grande afluencia de público que o novo Executivo galego decidiu suspender.

A terceira edición do Cultur.gal, que se tería que ter desenvolvido na Coruña, non chegou a organizarse por mor da nova política cultural da Xunta, que decidiu non continuar cos compromisos adquiridos polo anterior Goberno galego coas industrias e o sector cultural do país. Esta situación xa foi  denunciada polo BNG no Parlamento. A portavoz de Cultura, a nacionalista Ana Pontón, pediulle ao novo Executivo que mantivese a organización dunha nova edición do Cultur.gal.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río