Bocixa/ Raquel Rei . Gondomar viviu o 27 de xuño a festa da lectura dun xeito orixinal. A asociación Espazo Lectura organizou a II Acampada na Biblioteca, na que participaron cativos de todo o Val Miñor.
II noite na biblioteca. Espazo Lectura.
ANT TV quixo estar durante a festa anual que, con motivo da fin do curso académico, a asociación Espazo Lectura de Gondomar organizou en Gondomar. O acto máis orixinal desta xornada pensada para que os máis pequenos lean en galego, é a acampada na biblioteca, que este ano cumpriu a súa segunda edición con grande éxito de público. Ademais participaron animadores, contacontos e amantes da lectura que contaxiaron de entusiasmo polos libros os pícaros de todo o Val Miñor.
Descargar Tarifas