PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Nun seminario celebrado en Aciveiro
A Xustiza e a Policía únense á normalización da lingua

Redacción .  O Mosteiro de Aciveiro, na Terra de Montes, deulles abeiro onte aos membros da Irmandade Xurídica Galega, aos da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e aos mandos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado co fin de estudar o proceso de incorporación do galego no funcionamento dos órganos xurisdicionais e das forzas da policía.

Reloxo 01.12.2008 | 07:29

Asistentes ao encontro a prol do galego no Mosteiro de Aciveiro Asistentes ao encontro a prol do galego no Mosteiro de Aciveiro Aciveiro acolleu onte un seminario de traballo no que a Irmandade Xurídica Galega, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e mandos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado deliberaron verbo da incorporación do emprego da lingua galega no eido xudicial e policial.

Malia os avances que se rexistraron nos últimos anos no que atinxe ao uso do galego nos respectivos ámbitos de traballo, os asistentes ao seminario consideran que cómpre seguir avanzando nesta liña. Así, analizaron unha serie de medidas de cara á mellora da situación.

Capacitación do persoal

Ademais de incidir no carácter cooficial da lingua, os asistentes lembraron que cómpre avanzar na capacitación lingüística do persoal dos organismos representados e na formación sobre dereitos lingüísticos. Nesta liña, para incrementar a calidade do servizo prestado en galego, o seminario considerou decisiva a capacidade formativa da Academia Galega de Seguridade Pública e dos gabinetes de comunicación dos organismos.

Como conclusión final os participantes, entre os que asistiron o Fiscal Superior de Galiza, Carlos Varela, os responsábeis da 15 zona da Garda Civil, da Xefatura Superior de Policía de Galiza e da Unidade adscrita do C.N. Policía á Xunta, instaron as administracións públicas a artellar ferramentas necesarias para a correcta promoción, difusión e uso do galego.

Liñas que se debateron
1º.- A principal finalidade das Administracións Públicas é garantir o efectivo cumprimento do ordenamento xurídico. A Constitución, o Estatuto de Autonomía e outras disposicións normativas establecen a cooficialidade da lingua galega.

2º.- Cómpre seguir avanzando na capacitación lingüística do persoal dos organismos representados, tanto desde un eido xeralista como no eido específico da linguaxe xurídica-administrativa e na formación sobre dereitos lingüísticos. Logo, co gallo de incrementar a calidade do servizo prestado en galego, a achega formativa da Academia Galega de Seguridade Pública debe ser decisiva.

3º.- Na mesma dirección, os asistentes á xuntanza considerarían necesario actuacións tendentes a que as aplicacións centralizadas dos referidos organismos, conten con versión en galego que posibiliten a produción de material escrito nesta lingua.

4º.- Consideramos que os distintos servizos de atención ao público das administracións xudicial e policial teñen unha especial importancia na definitiva normalización da lingua galega, motivo polo que se deberían artellar as medidas organizativas precisas para garantir en todo momento a presenza nos mesmos de persoal dabondo capacitado, sendo dito aspecto especialmente valorado nos plans de calidade ou avaliación dos servizos.

5º.- Considérase tamén o papel relevante que teñen, pola súa relación directa coa prensa, os gabinetes de comunicación das institucións xudiciais e de seguridade polo que consideramos de especial relevancia promover o emprego do galego nas intervencións públicas e comunicados de prensa con motivo das actividades e servizos que desenvolven, sen prexuízo de que tamén se fagan en castelán. Neste eido, considérase imprescindible a implicación e colaboración dos medios de comunicación social.  

6º.- Vista a boa disposición dos asistentes no impulso da lingua propia de Galiza, os xuíces e maxistrados presentes na xuntanza propoñen levar a término unha serie de experiencias piloto en distintos órganos xudiciais galegos nas que as relacións mutuas entre xulgados e policía se desenvolvan tamén en galego.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río