PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
VENTANILLA Electrónica ÚNICA
A Xunta unificará os seus 400 portais este ano

Redacción .  O Executivo gastarase 400.000 euros en integrar todas as súas páxinas web antes de 2009. O conselleiro de Presidencia tamén adianta a integración nun novo número –012– das 54 liñas que ten agora para contacto cos cidadáns.

Reloxo 23.06.2008 | 17:21

O conselleiro de Presidencia, Méndez Romeu, en rolda de prensa O conselleiro de Presidencia, Méndez Romeu, en rolda de prensa A Xunta de Galicia unificará todas as súas canles de contacto coa cidadanía este ano. Segundo adiantou esta mañá o conselleiro de Presidencia, Xose Luís Méndez Romeu, un redeseño do portal actual “integrará as informacións de todas as páxinas web da Xunta –unhas 400 páxinas- e dun xeito visual e rápido para que o cidadán teña que facer menor número de movementos ou clics para chegar ao que busca”.

Presidencia asegura que o novo portal basearase nunha estrutura xerarquizada e organizada en base a “feitos vitais”, é dicir, en base ao que lle interesa aos cidadáns para a súa vida, e non por estruturas administrativas como até agora.

Romeu dixo que así "Galicia se sitúa ao mesmo nivel das comunidades máis avanzadas", pois dous terzos das españolas xa dispoñen deste modelo, "e das grandes empresas".

Aumentan as consultas telefónicas

Algo similar sucederá no caso da atención telefónica. O 012 unificará de xeito progresivo aos actuais 54 especializados que existen na Administración autonómica, que pasarán a ser utilizados de xeito interno.

En rolda de prensa, Méndez Romeu destacou que dende que se iniciou unha campaña con anuncios en televisión subiron un 20 por cento as chamadas a este teléfono e que o obxectivo final é que "os cidadáns non acudan ás oficinas administrativas" e poidan ser atendidos de xeito "áxil e eficaz" a través deste medio.

Quince teleoperadores para toda a Xunta

Este novo servizo telefónico comezou en maio, cando recibiu 8.500 chamadas, das que o 61 por cento foron resoltas neste, o 38 por cento derivadas e o 1 por cento precisou unha rechamada ao cidadán.

Neste momento hai 15 teleoperadores que atenden esta información, aínda que existe un modelo escalable para número de chamadas ou novos contidos sectoriais para que se vaian incorporando máis se é necesario. O horario de atención é de 8.00 a 22.00 horas os días laborais.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río