PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Poñendo en valor os resultados científicos
A Xunta quere promocionar a investigación galega

Redacción .  A consellaría de Innovación e Industria destinará 710.000 euros no período 2008-2010 ao proxecto 'Unidades de Investigación Intensiva', creado co obxectivo de promocionar e valorizar os resultados dos grupos de investigación das universidades galegas.

Reloxo 28.08.2008 | 13:46

O conselleiro de Industria asina un convenio coas tres universidades galegas O conselleiro de Industria asina un convenio coas tres universidades galegas. Pepe Ferrín / AGN

O conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, asinou un convenio de colaboración cos reitores das universidades de Santiago e A Coruña, Senén Barro e Xosé María Barja, respectivamente, e co vicerreitor de Planificación da Universidade de Vigo, Xosé Cidrás, a través do cal o departamento autonómico destinará diñeiro para que os resultados destas investigacións “sexan postos en valor e comercializados”.

Segundo explicou Fernando Blanco, con esta iniciativa agarda que as ideas que xurdan na investigación “se transformen en valor económico e en oportunidades de negocio”. En concreto, os obxectivos son organizar os grupos de investigación; crear unha carteira para a comercialización dos resultados; buscar investidores para os proxectos e desenvolver novas liñas de investigación.

Fases

O proxecto desenvolverase nun mínimo de seis grupos de investigación das universidades galegas e no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e incluirá dous plans para o seu conxunto. Así, en primeiro lugar elaborarase un plan estratéxico I+D que defina a política de investigación.

En segundo lugar, poñerase en marcha o plan de “Comercialización dos Resultados” que orientará cara o mercado as conclusións das investigacións. Nesta fase utilizarase a fórmula “máis idónea” de comercialización e deseñaranse as estruturas xurídicas necesarias para relacionar ao grupo de investigación cos investidores.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil