Redacción . A Secretaría Xeral de Política Lingüística impulsou hoxe a convocatoria de oito novas prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, co obxectivo de 'difundir a lingua propia' noutros territorios" e que terán lugar en La Habana –Cuba–; Birmingham e Oxford –Reino Unido–; Cork –Irlanda–; Salvador de Bahía –Brasil–; París –Francia–; Trier –Alemaña–; e Euskadi.
Anxo Lorenzo, secretaio xeral de Política Lingüística.
Nun comunicado, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo explica que os interesados deberán ser licenciados en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica –subsección galego-portugués–; ou filoloxía Románica –primeira ou segunda lingua en galego–. Así mesmo, poderán optar a prazas no Reino Unido, Irlanda, Francia e Alemaña aqueles licenciados en Tradución e Interpretación que dispoñan dos créditos necesarios en galego e inglés ou na lingua propia do país do lectorado.
O importe das bolsas ascende a 1.224 euros mensuais no caso dos lectorados en universidades españolas e a 1.277 euros mensuais no caso de centros do estranxeiro. Finalmente, destacou que esta iniciativa se completará co obxectivo de crear "unha rede de lectorados e centros de estudos de lingua e cultura galegas" en diferentes universidades do mundo e que é "inexistente até agora".
Descargar Tarifas