PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
CONVENIO A DOUS ANOS
A Xunta financia con case medio millón un portal da patronal

Redacción .  O portal do Servizo de Licitacións Internacionais SALT ampliarase grazas a un convenio asinado entre a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla. Con este acordo, a Xunta investirá un orzamento de 452.000 euros, divididos en dúas anualidades, nesta web da patronal galega.

Reloxo 03.07.2009 | 11:16
TAGS: SALT , Beatriz Mato , CEG , Fontenla ,

Beatriz Mato e Antonio Fontela asinando un convenio Beatriz Mato e Antonio Fontela asinando un convenio

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
O Goberno informa que o portal ten como obxectivo ofrecer oportunidades de negocio á empresa galega no mercado dos organismos multilaterais de desenvolvemento (OMD) e mellorar a presenza das pemes galegas no devandito mercado internacional. “Para iso o SALT ofrece información detallada e pormenorizada das formas de acceso para esas oportunidades comerciais existentes”, destaca Traballo.

Así mesmo, dáse información polo miúdo do amplo conxunto de axencias, fondos e bancos de desenvolvemento que conforman o sistema dos OMD. Desde este portal tamén se ofrece unha aproximación ás características e procedementos dos proxectos dos que se derivan as citadas licitacións internacionais.

A Consellaría subvencionará, segundo o asinado, parte das accións incluídas na plataforma web, a través da que se presta, entre outros servizos, un de alertas que avisa en tempo real ás empresas adheridas sobre os proxectos e licitacións que se publican. Dada a complexidade destes procesos internacionais, levarase a cabo tamén un plan de formación dirixido tanto a empresarios, como directivos, técnicos especializados e bolseiros.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río