PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
SEGUNDO UN NOVO INFORME OFICIAL
A Xunta elimina o helicóptero de Cee pola 'crise'

M. V A Costa da Morte ficará sen aeronave de Salvamento. O Goberno do PP alega que, mediante a ampliación de tripulacións en Vigo e Lugo, o servizo mellorará. Con todo, no documento oficial que publica ANT o Executivo sinala como única razón o aforro por mor da crise.

Reloxo 02.07.2009 | 08:00

Helicóptero de salvamento marítimo Helicóptero de salvamento marítimo. pesca1 Esquerda   1 / 2  Dereita  

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

A nova Xunta do PP descartou a compra dun helicóptero para unha nova base de salvamento en Cee. Así estaba previsto e orzamentado polo bipartito. De feito, o concurso para mercar a aeronave estaba a piques de ser adxudicado.

O Goberno segue a alegar que o motivo principal da eliminación do helicóptero non é a “austeridade” da que presume Alberte Núñez Feixóo. A Consellaría do Mar insiste en que a “finalidade principal é facer máis eficaz o servizo” mediante unha ampliación das tripulacións dos actuais aparellos.

“A renuncia ao contrato suporía un importante aforro”

Versión que se contradí co documento oficial, que hoxe adianta ANT, no que a consellaría xustifica a paralización do concurso por motivos exclusivamente económicos. “A situación económica de crise xeralizada que aconsella realizar un plan de aforro con reducir o gasto público” é o argumento do documento que asina o secretario xeral, Francisco Xosé Vidal-Pardo, o 14 de maio.

É máis, a Xunta insiste en que “a renuncia a celebración do contrato suporía un importante aforro para os orzamentos”. O custe previsto da aeronave rondaba os 13 millóns, mentres que 300.000 sería o orzamento da nova base de Lires (Cee), a primeira para os helicópteros na Costa da Morte, a zona con máis sinistros, e próxima ao Hospital da Costa.

A ampliación de Vigo foi deseñada polo bipartito

Como alternativa –e no medio das críticas lanzadas dende a oposición– a consellaría presentou esta semana a ampliación da tripulación do Pesca 1, baseado en Vigo. Agora haberá pilotos e rescatadores, subcontratados a INAER (a antiga Helicsa) 24 horas.

O novo Executivo apresurouse a presumir de o novo persoal. Con todo, o certo é que a ampliación da tripulación fóra aprobada polo bipartito, como proba que os novos pilotos levaban meses a adestrarse antes de entrar en servizo esta semana.

Promesas de máis persoal subcontratado en Celeiro

A Xunta alega, ademais, que a conselleira Rosa Quintana tamén ampliará a tripulación do Pesca 2 en Celeiro. Quintana promete que será no 2010, o que permitirá reducir o “tempo de resposta” de 30 minutos a 10 minutos, ao igual que en Vigo.

Iso si, o Goberno non facilita cifras de canto máis pagará a INAER pola ampliacións das tripulacións. Polo tanto, é imposíbel comprobar se realmente se está a cumprir coa redución do gasto alegada no documento que publica ANT.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río