PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
AO IGUAL QUE FIXERA O BIPARTITO
A Xunta do PP comprométese co dominio galego

Europa Press Puntogal confía en que a ICANN abra a convocatoria de novos identificadores da internet a comezos de 2010.

Reloxo 02.07.2009 | 18:35

Recollida de sinaturas a favor de Puntogal Recollida de sinaturas a favor de Puntogal

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
A Xunta de Galicia ofreceu hoxe "todo o seu apoio" á asociación 'PuntoGal' para "avanzar" na creación dun dominio específico en Internet destinado a contidos e sitios web propiamente galegos e "para a lingua e a cultura" da Comunidade Autónoma.

Nunha reunión que celebraron coa secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica de Presidencia, Mar Pereira, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, representantes da asociación 'PuntoGal' explicaron que "está previsto que se avance" na aprobación do '.gal' na "primeira metade do próximo ano".

Así mesmo, o organismo encargado da concesión de novos dominios, o Icann, publicará a finais de 2009 a guía final que explicará todos os requisitos que deberán cumprir as candidaturas que desexen obter un dominio, polo que 'PuntoGal' confía en recibir as primeiras solicitudes "no primeiro trimestre de 2010”.

A asociación PuntoGal foi constituída en 2006 por varias entidades promotoras, entre elas a Real Academia Galega, para conseguir crear un espazo específico en internet baixo o cal poder agrupar todas as webs con contidos en galego, ou noutras linguas que, dalgún xeito, teñan relación coa cultura e a sociedade galegas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río