PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
FEIXÓO DI QUE 'O RODABALLO VAISE A PORTUGAL'
A Xunta aprobará o Plan Acuícola antes do verán

Manuel Vilas O presidente da Xunta adianta no Parlamento de Galicia que o Executivo lle dará luz verde ao polémico Plan de Acuicultura ‘antes do verán’. Touriño responde así ás acusacións de pasividade do PP contra a Consellería de Pesca, que deixou sen executar 131 millóns do seu último orzamento.

Reloxo 14.05.2008 | 11:39

Piscifactoria de Stolt Sea Farm en Lira Piscifactoria de Stolt Sea Farm en Lira

O presidente galego do PP, Alberto Núñez Feixóo, acusa a conselleira de Pesca, a socialista Carme Gallego, de non dialogar, enfrontarse co sector pesqueiro e “non traballar”. Como argumento usou o elevado porcentaxe do orzamento deste departamento que finalmente non investiu.

Tamén criticou o feito que a Xunta prohibise a macro- granxa acuícola que Pescanova pretendía construír preto de Muxía. “O rodaballo vaise a Portugal señor Touriño, agardo que o inviten a inauguración”, espetou Feixóo.

Oposición ecoloxista

O líder dos socialistas galegos respondeu anunciando a aprobación definitiva do Plan que permitirá a instalación de novas granxas acuícolas no litoral, iniciativa a que se opoñen veciños e ecoloxistas da plataforma Galiza non se Vende.

Touriño tamén indicou que as rendas dos mariñeiros aumentaron en 2007 malia o incremento “de forma intensa e sen precedentes” do prezo do gasóleo. O presidente acusou a Feixóo de “predicar o desastre” e instalarse na crítica destrutiva.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río