PUBLICIDADE
Domingo, 05 de xullo de 2009
Máis de 30 empresas poderían beneficiarse das axudas
A Xunta amplía a súa liña de avais ás grandes empresas de automoción

Redacción .  O conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, anuncia o apoio da Xunta ás grandes compañías automobilísticas a través da súa liña de avais destinada ás pequenas e medianas empresas.

Reloxo 01.12.2008 | 20:15

O conselleiro de Economía reuniuse co Cluster da Automoción O conselleiro de Economía reuniuse co Cluster da Automoción. Carlos Fernández/AGN

O responsábel de Economía fixo o anuncio logo da xuntanza que mantivo coa directiva do Cluster da Automoción de Galicia (CEAGA) co obxectivo de analizar os problemas de financiamento a curto prazo das empresas do sector.

Xosé Ramón Fernández Antonio fixou para o vindeiro venres unha xuntanza dun grupo de traballo formado pola Administración autonómica e os representantes das firmas automobilísticas co fin de “avaliar” as necesidades financeiras das empresas de maior tamaño, para “articular os préstamos necesarios”, de xeito que poidan manter a actividade e os empregos.

Sobre a contía das axudas, incidiu en que se incluirán na iniciativa de avais dirixida ás pemes e, polo tanto, “non existe un límite” fixado.

Sector estratéxico

Fernández Antonio salientou que en Galiza existen unhas 31 compañías deste tipo que supoñen máis de 12.000 postos de traballo e teñen  unha facturación total de 2.700 millóns de euros anuais.

O conselleiro trasladou ao Cluster da Automoción o compromiso do Executivo galego de ofrecer unha “atención preferente” ao sector da automoción, así como por manter o emprego e apostar pola competitividade durante esta época de caída da demanda. Segundo dixo, trátase de que o sector poida saír “reforzado” da crise.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario. Grazas pola súa participación.
 
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río