Redacción . Un grupo de astrónomos vén de descubrir que a Vía Láctea xira máis rápido e ten unha maior masa do que se pensaba até agora.
Segundo os científicos, a galaxia xira a uns 960.000 quilómetros por hora, unha velocidade superior nuns 160.000 quilómetros por hora á calculada anteriormente, o que implica que a súa masa é un 50 por cento maior do que sinalaron estudos previos. Despois destes datos xa non se pode pensar que a Vía Láctea é a irmá pequena da galaxia Andrómeda Desde a posición do noso sistema solar, situado a unha distancia de 28.000 anos luz do centro da Vía Láctea, os astrónomos tamén puideron determinar que na Vía Láctea hai catro brazos en espiral de gas e po nos que se forman estrelas, e non dúas como se pensaba até agora. Os resultados desta investigación foron presentados na reunión anual da Sociedade Americana de Astrofísica, que se celebra por estes días en Long Beach, California. Para este estudo os científicos utilizaron o radiotelescopio Very Long Baseline Array (VLBA), da Fundación Nacional para a Ciencia dos Estados Unidos, conformado por un conxunto de dez antenas situadas en lugares como Hawai, o Caribe ou o nordés dos EE.UU.
Descargar Tarifas