PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
Santiago e A Coruña xa o apoian
A Uvigo busca a excelencia co seu Campus do Mar

Redacción .  Un cento de técnicos preparan a candidatura do Campus do Mar á distinción estatal que permite recibir importantes subvencións.

Reloxo 04.02.2010 | 11:27

O comisionado Emilio Fernández, responsábel do Campus do Mar da Universidade de Vigo O comisionado Emilio Fernández, responsábel do Campus do Mar da Universidade de Vigo

A Universidade de Santiago logrou recentemente un gran triunfo ao lograr o recoñecemento Campus de Excelencia Internacional do Ministerio de Educación para o seu Campus Vida. A Universidade de Vigo xa traballa na presentación dunha candidatura para lograr a mesma categoría, que permite acceder a importantísimas subvencións, para os seus estudos marítimos.

O proxecto vigués conta co apoio da USC e da Universidade da Coruña, grazas a un pioneiro acordo de colaboración para superar os localismos. Seis comisións nas que participan máis dun cento de persoas traballan a día de hoxe na elaboración do proxecto co que a Universidade de Vigo aspira a confirmarse como referente nacional en docencia e investigación mariña.

Na procura dun sinal de identidade e co obxectivo de aglutinar ao seu redor toda a experiencia que Galicia atesoura nas súas universidades, centros públicos, empresas e sociedade en temas relacionados co mar, a institución académica viguesa articula Campus do Mar, un proxecto co que concorrerá neste 2010 á vindeira convocatoria de Campus de Excelencia Internacional do Ministerio de Educación.

Lonxe de partir de cero, Campus do Mar aséntase na posición de referente que en investigación mariña, no ámbito estatal, ostenta Galicia, “un territorio historicamente unido ao mar que é algo que nos define como sociedade e como pobo”, asegura Emilio Fernández, comisionado da Universidade de Vigo para o Campus do Mar.

Sen embargo, a división que na actualidade existe no sector con moitas pequenas e boas institucións de docencia e investigación impide, segundo Fernández, “converternos nun referente mundial de coñecemento do mar”.

Así, o Campus do Mar persegue romper con ese illamento e aglutinar todo o coñecemento existente en Galicia en torno a un proxecto común co obxectivo de que “as mellores cabezas do mundo que queiran facer investigación e formarse en temas mariños saiban que o lugar onde teñen que facelo é Galicia e en particular Vigo”, explica o comisionado do Campus do Mar.Os centros de investigación e centros tecnolóxicos que teñen relación co mar como o Centro Superior de Investigaciones Científicas (CISC), o Instituto Español de Oceanografía (IEO) ou o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), xunto coas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, constitúen o denominado núcleo duro do proxecto.

Institucións que segundo Emilio Fernández amosaron “unha recepción fantástica” e ás que se pretende sumar ás empresas de ámbito mariño que están no entorno dos campus, ás institucións políticas e a axentes sociais e económicos non directamente relacionados co mar.

Pero o carácter internacional do proxecto obriga á súa expansión fóra de Galicia, concretamente no resto de universidades e centros de investigación localizados en dúas grandes áreas: América Latina e África, “onde agardamos contar con moitos apoios”, sinala Emilio Fernández. Especial atención préstase tamén neste traballo de difusión do proxecto ás universidades europeas e en especial ás do norte de Portugal, concretamente as do Porto, Aveiro e Minho coas que o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, manterá contactos a vindeira semana.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río