Redacción . A Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Santiago condena de inmediato os incidentes rexistrados esta mañá neste centro.
Os manifestantes seguiron protestanto mentres San Gil falaba no auditorio
1 / 4
O centro traslada a súa “enérxica repulsa polos acontecementos violentos provocados por un reducido grupo incapaz de exercer a liberdade de expresión de xeito razoable e que coa súa conduta poñen en dúbida as súas propias reivindicacións”, indica nun breve comunicado urxente.
Cómpre lembrar que algo máis dunha ducia de mozos intentaron boicotear unha charla da presidenta do Partido Popular, María San Gil, na Facultade. O conflito saldouse con golpes aos mozos e varios escoltas e manifestantes feridos leves.