PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Reforma da Política Agraria Común
A UE rebaixa un 10% as axudas na reforma da PAC

Redacción .  Os ministros de Agricultura da Unión Europea (UE) aprobaron hoxe, tras un ano de negociación, unha reforma da súa Política Agrícola Común (PAC), que prevé unha redución do 10 por cento das axudas directas e mantén nun 1 por cento anual o incremento de cotas lácteas durante os próximos cinco anos, un sistema que será revisado en 2010 e 2012.

Reloxo 20.11.2008 | 09:40
TAGS: pac , política , agraria , leite , cota , láctea ,

As mulleres son a maioría dos traballadores no agro galego As mulleres son a maioría dos traballadores no agro galego. iaincolquhoun.com Os vinte e sete chegaron a un acordo para a revisión da PAC. A reforma pactada polos ministros fixa nun 2 por cento o recorte ás axudas directas dos agricultores que reciban máis de 5.000 euros en subsidios en 2009. A taxa incrementarase outro 1 por cento anual durante os tres anos seguintes, até o 2013. Deste xeito, en 2012 sumarase un 5 por cento á modulación do 5 por cento que xa se aplica a estes produtores.

No caso da modulación progresiva, suprímense os recortes propostos pola Comisión ás axudas de entre 100.000 e 299.999 euros e tan só se mantén o que se lles aplica aos produtores que obteñen máis de 300.000 euros, pero reducindo ao 4 por cento o 6 por cento que recomendou Bruxelas este mércores.

Cota láctea

Bruxelas mantén a súa proposta de aumentar anualmente un 1 por cento as cotas de produción leiteira durante cinco anos para facilitarlles aos produtores unha 'aterraxe suave' cando no 2015 se eliminen por completo as cotas. O texto aprobado introduce a novidade de que a Comisión elabore dous informes, en 2010 e 2012, para avaliar o impacto do sistema de cotas no mercado lácteo.

Por outra banda, o acordo descarta prorrogar até o 2012 as axudas actuais ao cultivo de tabaco, tal e como reclamaban varios países, incluído o Estado español, e miles de tabaqueiros que se manifestaron este martes en Bruxelas. O documento recorda que xa houbo unha decisión dos vinte e sete sobre esta cuestión en 2004.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río