PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
No 2008 aumentou un 54%
A TDT dispara a reciclaxe de televisores

Redacción .  O 3 de abril de 2010 é a data fixada para que a televisión analóxica deixe de funcionar no Estado, abrindo paso ao novo sistema de televisión dixital terrestre (TDT) e, con ela, a novos televisores que mellores a calidade da imaxe e o son e que incorporen avances técnicos que permitan un maior aproveitamento desta nova tecnoloxía. Galiza carece dun centro de tratamento específico para este tipo de residuos.

Reloxo 02.07.2009 | 10:18
TAGS: Televisión , TDT , reciclaxe ,

Unha nena mira publicidade no televisor Unha nena mira publicidade no televisor

As televisións xeran unha importante cantidade de residuos que deben recibir un tratamento axeitado, primando a revalorización e a reciclaxe dos seus compoñentes, algúns altamente contaminantes. Coa chegada da TDT serán moitas as persoas que decidan mudar de aparello de televisión, compatíbeis co novo sistema de emisión, e aumentará o número de residuos electrónicos, que haberá que tratar de maneira específica para evitar que a chegada da TDT supoña un desastre ambiental.
 
Ciclo de reciclaxe dunha TV

Os televisores son aparellos reciclábeis ao cento por cento. Poden recuperarse o vidrio, plástico e materias diversos, que se poden empregar para a fabricación doutros produtos.

O ideal é entregar o aparato vello no punto de venda no que se merque o novo televisor ou depositalo nun punto limpo para que o aparello se aproveite.
Nos centros de reciclaxe específicos se desmontan os aparellos e se separan os compoñentes por materiais.
 

As cifras da reciclaxe

O pasado ano o número de televisores reciclados en España medrou un 54 por cento en relación ás cifras do 2007, chegando ás 9.770 toneladas de residuos derivados destes aparatos electrónicos, segundo os datos de Ecotic, o maior ente de reciclaxe de teles en España. Segundo esta mesma empresa, en Galiza recolléronse no 2008 521.359 quilos de televisores, o que suporía unha media de 0.188 quilos por habitante.

Os datos facilitados por Ecolec, outra das fundacións que operan en Galiza con esta finalidade, falan dun total de 16.825 quilos de televisores recollidos no país durante o pasado ano, mentres que a cifra total dos residuos tratados por Ecolec no conxunto do estado se situou en 1.666.168,11 quilos. A terceira empresa encargada da xestión deste tipo de residuos con autorización para operar en Galiza, ERP, apunta que na comunidade se recolleron o pasado ano 724 quilos de pantallas (nas que tamén se engloban os monitores de ordenadores), mentres que a cifra de residuos recollidos por este SIX no conxunto do estado ascende a 2.269.679 quilos.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río