Redacción . A Selección Galega que se desprazou esta fin de semana a Alacante para participar no nacional absoluto, regresou con dezaoito metais. Foron en total 4 ouros, 4 pratas e 10 bronces as medallas conquistadas polo equipo galego.
O taekwondo galego vén de facer historia en Alacante tras conquistar 18 medallas, salientando de novo a actuación das mulleres, xa que todas elas subiron ao máis alto do podio. As preseas de ouro foron conseguidas por Lúa Piñeiro, Andrea Rica, Estefanía Hernández e Rebeca Mariño. As medallas de prata foron en categoría masculina para Fernando Rascado e Xoán Fernández Rei, en tanto que en féminas foron para Katia Calvar e Nazareth Tilve Costas. A colleita de metais completárona outros dez taekwondistas que se fixeron co bronce e que foron Lara Oubiña, Raúl Costas Somoza, Xosé Antonio Andrade, Francisco Sieira, Jessica Otero, David Vidal, Paulo Casares, Dario González, Carla Balado e Paulo Carou.
Andrea Rica, unha das campioas de España
Descargar Tarifas