PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
Esta mañá
A RAG decide homenaxear a Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas 2009

Redacción .  Membros da RAG reuníronse esta mañá para decidir o nome do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano que vén. A Academia decidiu que o Día das Letras do 2009 se lle adique ao escritor Ramón Piñeiro.

Reloxo 05.07.2008 | 08:09

Ramón Piñeiro Ramón Piñeiro

O escritor Ramón Piñeiro será o homenaxeado no Día das Letras Galegas do próximo ano. Nado en Láncara en 1915, Piñeiro influenciou todas as xeracións galeguistas de posguerra. Teorizou e practicou unha resistencia cultural á ditadura. Ensaísta e tradutor, morreu en Santiago en 1990.

Dende a RAG sinalaron que “a dedicación, total e desinteresada, da súa vida na defensa de Galiza e da súa cultura debe ser unha referencia moral indiscutíbel e necesaria cara ás novas xeracións”.

Os seus traballos sobre pensamento e filosofía, as súas traducións en colaboración con Celestino Fernández de la Vega das obras de Pokorny e Heidegger, “supuxeron no seu momento un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua 'rural e poética' na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra”.

O seu labor ensaístico recollido parcialmente nos libros Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas, e Lembrando a Castelao recollen os eixes fundamentais do seu pensamento, que salientan a necesidade da reafirmación cultural de Galiza como camiño fundamental para a súa realización como pobo.

Normalización da lingua

Ramón Piñeiro López tamén actuou como promotor da normalización da lingua galega nos anos difíciles da posguerra. Así, son numerosos os artigos e as actividades neste campo, entre elas, a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González (1958-1961).

No 1967, Ramón Piñeiro foi elixido membro numerario da Real Academia Galega e defendeu un discurso que levou por título 'A linguaxe e as linguas'. De acordo co seu defensa da cultura galega, participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983, do que foi o seu primeiro presidente até o seu falecemento en 1990.

Tamén influíu na normalización política do galego, facendo da lingua "un patrimonio común" por encima das opcións de partido. Finalmente, destacou polas súas conversacións, a súa correspondencia epistolar dentro e fóra de Galiza, e coa mocidade e con toda persoa que tivese Galiza como referente das súas actividades ou ideais.

Este galeguista dálle nome ao Centro de Investigación en Humanidades 'Ramón Piñeiro', que depende da Xunta de Galicia e realiza estudos vinculados coa cultura e a lingua galega.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río