PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Os sindicatos mantéñense divididos
A protesta do metal trasládase a Marín e Pontevedra

Europa Press As mobilizacións do sector metalúrxico da provincia de Pontevedra trasladaranse hoxe á zona de Marín e da capital, onde a CIG denuncia a existencia de ‘fugas’ no marco do conflito e a falta de consolidación do mesmo, aínda que a xornada estará marcada -por segundo día consecutivo- pola división sindical.

Reloxo 03.07.2009 | 08:21
TAGS: metal , folga ,

Folga dos traballadores do metal en Vigo Folga dos traballadores do metal en Vigo. Paco Vilabarros

CC OO e CIG apoian un novo día de folga no sector. Tras a celebración de asembleas nos centros de traballo á primeira hora, polo menos os delegados do sindicato nacionalista sairán en varios autobuses ás 10.00 horas en dirección a Pontevedra e Marín.

Esta iniciativa non contará co respaldo da UGT, que a última hora do mércores desmarcouse do conflito e apostou por unha "tregua" na folga -e o xoves xa non acudiu á asemblea celebrada na Praza do Rei, en Vigo-.

Os representantes das tres centrais sindicais reuníronse na tarde de onte ás 17.00 horas na sede de CC OO coa fin de recuperar a "unidade sindical". Con todo, tras máis de cinco horas, no se produciu cambio de posturas.

Portavoces dos sindicatos recoñeceron que, neste momento, as posicións seguen sendo encontradas e, no caso da CIG e a UGT "completamente opostas". No entanto, indicaron que seguirán traballando para buscar "camiños intermedios" e fórmulas alternativas que permitan recuperar esa unidade.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río