Bocixa/ Raquel Rey . Como acabar coa explotación sexual e o tráfico de persoas? Abolindo de vez a prostitución, en todas as súas facetas, ou introducindo unha regulación laboral que a contemple como un traballo? A Nosa Terra Diario aborda as diferentes perspectivas.
Opinións sobre a prostitución. Bocixa / Raquel Rey
Hai diversidade de posturas: dende quen opina que toda prostitución é tráfico de persoas, e tanto clientes como proxenetas deben ser penalizados, coa abolición total da prostitución como meta, até quen advirte da necesidade de superar o baleiro legal e regular as condicións laborais das persoas que exercen a prostitución, para que lles sexan recoñecidos os seus dereitos e melloren as súas condicións de vida. O debate está aberto, pero o que parece claro é que é necesario superar a situación actual de alegalidade. ANT TV falou con Silvia Pérez, socióloga de Alecrín, a deputada socialista Laura Seara, a nacionalista Ana Pontón, e con Celia Balboa, avogada e membro de Andaina. Ningunha política do PP quixo facer declaracións.