Redacción . O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) descendeu no mes de maio un 21,9 por cento respecto ao mesmo mes do ano pasado, co que Galiza se sitúa como a oitava comunidade na que o retroceso foi maior, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
En todo o Estado a caída foi do 22,3 por cento en maio e do 20,5 por cento ao descontar os efectos de calendario. Deste xeito, a produción industrial empeorou lixeiramente no quinto mes do ano, ao rexistrar unha caída interanual superior en máis de punto á de abril, que foi do -19,4 por cento. Co descenso de maio, a produción industrial acumula xa trece meses de caídas interanuais consecutivas, presentando retrocesos de dous díxitos desde outubro de 2008. Tendo en conta os datos entre xaneiro e maio, a redución experimentada polo índice na Comunidade galega foi do 20,9 por cento, con respecto ao mesmo período de 2008. Nos primeiros cinco meses do ano, a produción industrial en España retrocedeu un 22,8 por cento en comparación co mesmo período de 2008, descenso que baixa ata o 21,6 por cento eliminado o efecto calendario. Actividades Todas as actividades experimentaron en maio descensos interanuais na súa produción, destacando a fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques, que rexistrou unha caída do 41,8 por cento, en liña coa difícil situación que vive o sector do automóbil e a desaceleración do consumo. Tamén se rexistraron descensos próximos ao 40 por cento na fabricación de móbeis (-39,1 por cento), e na fabricación de material e equipo eléctrico (-37,1 por cento). Descenso xeral Todas as comunidades experimentaron en maio caídas na súa produción industrial, rexistrándose os maiores descensos en Navarra (-32,1 por cento) e Euskadi (-27,7 por cento). As menores caídas corresponderon a Castela-A Mancha (-10,8 por cento) e Canarias (-11,2 por cento).
A produción de coches baixou máis dun 40 por cento
Descargar Tarifas