PUBLICIDADE
Xoves, 11 de marzo de 2010
Encontro internacional
A Pontenova, capital dos ferreiros

Redacción .  Durante esta fin de semana A Pontenova será a capital galega da artesanía no ferro coa posta en marcha do V Encontro Internacional de Ferreiros. Está previsto que máis dun cento de profesionais de toda Europa se dean cita para participar nas conferencias, mostras e exhibicións programadas.

Reloxo 05.09.2008 | 11:55

Vello ferreiro no seu obradoiro Vello ferreiro no seu obradoiro. Arquivo ANT

Dende hoxe e até o domingo A Pontenova serve de escenario ao V Encontro Internacional de Ferreiros, no que está previsto que participen un cento de profesionais, unha trintena máis que o ano pasado. Entre os asistentes destaca a presenza de Vladimir Sokhonevich, un mestre ferreiro procedente da cidade de San Petersburgo.

Durante as xornadas celebraranse diversas conferencias, algunhas delas orientadas a temáticas como a prevención de riscos durante o manexo do ferro ou a recuperación de técnicas xa esquecidas no gremio.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río