Bocixa/ Raquel Rey . A Plataforma sigue por toda Galiza coa campaña dirixida òs usuarios afectados pola nova lei. Charlas polas vilas e cidades, asistencia a unha sesión do Parlamento Galego, reunións co Subdelegado do Goberno de Pontevedra, roldas de prensa, reunións co BNG, PSG-PSOE...
Conversas coa Plataforma de Afectados pola Tarifa Nocturna. Bocixa e Raquel Rey
Logo da reunión con BNG e Psoe, agardan do Ministerio de Industria unha solución dialogada e disolver a Plataforma. Para elo queren facer chegar ao goberno estatal diversas propostas co fin de mellorar a nova lei sen perxudicar ás compañías eléctricas e en beneficio dun consumo enerxético responsable e respetando os dereitos dos usuarios e usuarias. Consideran xusto un contrato con unha potencia para o inverno e outra menor para o resto do ano. Consideran factibel dispor de dúas horas de corriente val ao mediodia por ser horario de maior consumo ao igual que todo a fin de semana. Tamén sinalan nas súas reivindicacións que non consideran xusto que para adaptarse ao novo sistema teñan os usuarios que soportar os custes por reformas na instalación das vivendas e que deberían ser costeadas polas empresas suministradoras. Agora están á espera dunha reunión co Ministerio de Industria co fin de expoñer e negociar estas propostas.