PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
tratamento de residuos
A planta de reciclaxe de Nostián non pode procesar máis lixo

Axencias - Os traballadores néganse a realizar horas extras e denuncian que o lixo -sen reciclar- vai parar a Sogama.

Reloxo 18.03.2008 | 09:06
TAGS: lixo , Nostián ,

Nostian Nostian. Paco Vilabarros O Comité de Empresa de Albada -empresa que xestiona a planta de reciclaxe de Nostián (A Coruña)- reunirase ás 10.30 horas de hoxe para estudar a posibilidade de "máis protestas".

O Comité avaliará a situación actual da planta coruñesa, que, segundo o equipo, está "a tope" dende que os traballadores renunciasen, hai dúas semanas, a realizar horas extraordinarias como medida de protesta para que a empresa acceda a negociar o novo convenio laboral.

Sen sitio para máis lixo

"As zonas de descarga, que teñen capacidade para acumular o lixo de tres ou catro días do Concello de A Coruña e os municipios limítrofes, están a tope", lamentou, e denunciou ademais que, para liberar espazo, a empresa "está a trasladar a Sogama grande parte dos residuos da planta sen recibir nin a reciclaxe nin o tratamento axeitados".

Ademais, alertou de que a situación na planta de Nostián se pode ver agravada nos próximos días porque se trata de xornadas festivas, nas que non se traballa. Por iso, o Comité de Empresa reunirase mañá para estudar esta situación e non descarta "máis protestas" nos próximos días, ademais da folga que hai uns días acordaron iniciar a partir do 12 de abril e que, segundo Vilariño, "posiblemente será indefinida".

O próximo 31 de marzo, o cadro de persoal concentrarase ante o Concello de A Coruña, pois os empregados esixen a súa mediación no conflito. Ademais do convenio colectivo, os traballadores esixen negociar tamén as condicións de saúde e hixiene nas que teñen que traballar estes operarios.

Accidentes

Sobre este último punto, Vilariño recordou os accidentes acontecidos nas últimas datas dentro das instalacións da planta, como o dun axente de seguridade que chocou co coche contra un dos camións que transporta residuos, ou o doutro operario que foi esmagado por unha máquina da nave de pretratamento de materia orgánica.

Segundo Vilariño, non existen as medidas de seguridade suficientes para evitar sucesos como estes xa que a empresa incumpre a Lei de Prevención de Riscos Laborais. Nesta liña, o comité redactou un informe técnico que presentará ante Inspección da Consellería de Traballo, departamento co que se reunirán o próximo 26 deste mes de marzo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río