PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Por mor da folga
A patronal di que periga o 40% dos empregos do metal

Europa Press A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) asegura que entre o 30 e o 40 por cento dos máis de 20.000 empregos do sector metalúrxico da provincia están en perigo a consecuencia da folga, que hoxe cumpre 23 xornadas.

Reloxo 03.07.2009 | 13:32
TAGS: Patronal , sindicatos , metal ,

Xosé Manuel Fernández Alvariño, presidente da CEP Xosé Manuel Fernández Alvariño, presidente da CEP. AGN

En declaracións aos medios, o presidente da CEP, Xosé Manuel Fernández Alvariño, asegurou que, a pesar da "ruptura da unidade sindical", os empresarios "séguense sentando nas mesas, tratando de chegar aos acordos pertinentes" posto que a diferenza de posturas entre as organizacións "o que deixa entrever é que hai uns sindicatos con máis conciencia e outros que seguen apostando pola confrontación".

Os empresarios, ademais de cuantificar millóns de euros de perdas e que moitos traballadores do sector "cobrarán un 80 ou 90 por cento menos este mes, os que cobren", alertan do perigo que corre un gran número de empregos.

Ademais, criticou a acción dalgúns piquetes e lamentou a actitude "non acorde á Democracia actual" que atribuíu a algúns sindicatos e preguntouse "como se pode consentir que se ameace a traballadores que queren volver traballar" que, segundo afirmou, son a maioría. Para Alvariño, este tipo de feitos "poden ser perseguíbeis polo Ministerio fiscal, porque se está conculcando o dereito dos traballadores".

Xuntanza

Ademais dos efectos a curto prazo, expresou a súa especial preocupación pola "perda de credibilidade da provincia" no que respecta ao medio e longo prazo. Así, afirmou que, máis que o feito de que un barco poida sufrir un atraso na súa entrega, teme unha posíbel diminución "da capacidade que se pode ter a partir de agora para conseguir máis contratos".

Neste sentido, asegurou que na China -un dos competidores internacionais no sector de construción naval- o conflito do metal "sae nos telexornais" e os estaleiros dese país aproveitan para lanzar a mensaxe de que non se constrúa en España" debido ao escenario de conflitividade.

Alvariño anunciou a súa intención de reunirse cos tres sindicatos -CIG, CC OO e a UGT- xa que "se hai dúas non vale", e así, intentar alcanzar "canles de diálogo de futuro" que logren a estabilidade empresarial e económica da provincia, "que vai seguir sendo motor económico de Galiza pero que está en transos de converterse nun Ferrol", engadiu.

Finalmente, contrapuxo a actitude "silenciosa" dos sindicatos, a nivel estatal, coas cifras do paro, coa "agresividade espectacular de aquí por dous puntos -incremento salarial e xornada laboral- do convenio" e recordou que estaleiros e talleres da provincia está trasladando actividade fóra da provincia.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río