PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Conferencia Anual en Poznan
A ONU pide un acordo contra o cambio climático malia a crise

Redacción .  A Conferencia Anual do Cambio Climático da ONU, que se celebra na localidade polaca de Poznan, inaugurouse cun chamamento urxente para adoptar medidas contra o quecemento global, malia a situación de crise económica actual. De non chegar a un acordo neste sentido, as Nacións Unidas advirten da posibilidade de que no ano 2050 a metade do mundo teña problemas de escaseza de auga.

Reloxo 01.12.2008 | 17:01

O derretemento da capa de xeo de Grenlandia acelerouse nos últimos anos O derretemento da capa de xeo de Grenlandia acelerouse nos últimos anos

Durante a cerimonia de apertura, os máis de 10.000 delegados de case 200 países que participan no cumio acolleron con satisfacción as gabanzas dirixidas ao presidente electo dos Estados Unidos por estabelecer obxectivos “ambiciosos” para loitar contra o cambio climático. Non se pode esquecer que este país é o principal emisor de gases de efecto invernadoiro.

A conferencia, que se prolongará até o vindeiro 12 de decembro, pretende facer balance do camiño percorrido até o momento para lograr a finais de 2009 un sucesor do Protocolo de Kioto que estabelece o recorte das emisións de CO2 en 37 países desenvolvidos antes do 2012.

Rajendra Pachauri, que encabeza o Panel do Clima da ONU, asegurou que moitas persoas aínda non son conscientes dos riscos “irreversíbeis” que se poderían producir se o mundo non toma medidas. Por exemplo, sinalou o derretemento da capa de xeo en Grenlandia ou o incremento das especies animais e vexetais en perigo de extinción.

Conta atrás

Yvo de Boer, secretario da ONU para o Cambio Climático, fixo un chamamento internacional para traballar máis duro en prol dun acordo contra o cambio climático, malia a crise económica.

De feito, en Europa a situación actual puxo en dúbida os custos do obxectivo comunitario de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nun 20 por cento sobre os niveis de 1990 para o 2020.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río