Lara Rozados . Marilar Aleixandre gañou o Premio Caixanova o ano pasado con 'Mudanzas', un diálogo áxil e reflexivo coas 'Metamorfoses' de Ovidio.
Quen ten a palabra desta volta son as mulleres esquecidas pola historia, ás que lles foron negadas a voz e a ollada. Agora, xa co libro publicado, a autora fálanos de como se desenvolveu esta súa conversa intertextual con Publio Ovidio Nasón, con vinte e un séculos polo medio. "Non traduzo, traizoo", di do seu diálogo con Ovidio nada máis empezar. É necesario traizoar os clásicos, "como única forma de serlles fieis"? En ningún momento pensei en facer unha tradución. A idea veume inspirada por algúns textos. Hai un poema que non estaba no orixinal que enviei a concurso, que foi publicado en Dorna, e foi o primeiro. Un poema sobre Ío... O da vaca de Fisterra? Si, porque na versión que eu teño das Metamorfoses, unha edición bilingüe en tres tomos, traducida por Ruiz de Elvira, di (nas notas) que a constelación do Tauro nun primeiro momento foi chamada a constelación da vaca. Eu púxenlle xuvenca porque é como lle chaman en Fisterra ás vacas novas. Remata cun sensual poema, 'A miña lingua na túa', que realmente testemuña a súa relación co poeta. Pasou de certo sete anos dialogando con Ovidio? Si, este primeiro poema publiqueino no 2001, en Dorna, e logo empecei a facer máis, Non pensei nun libro ao principio, pero foi saíndo. Logo non están ordenados na orde en que foron escritos, agrupeinos doutro xeito, e algúns foron revisados. Escribe , unha vez máis,"sobre casca de ovo". É Mudanzas un palimpsesto? Eu dicía nun poema de hai anos que escribo sobre materiais efémeros, casca de ovo, codia de árbore... Gústame o carácter efémero dos poemas, que se poidan recitar, que vaian en follas soltas, como eses corazóns que fan os amantes na cortiza da árbore. Como traballa a intertextualidade, o diálogo con outro autor? Sempre escribimos sobre o que alguén escribiu antes. Eu teño influencias dende Homero e Safo até Pilar Pallarés. Todo iso aparece de forma máis explícita ou menos. Teño un poema, "A luz do día é escura", sobre os fusilamentos do franquismo, onde me inspiro nun poema de Camões, e cito ao propio Camões de xeito explícito. E, se o que queremos é recuperar a historia das mulleres, ás veces cómpre escribir á contra, construír, máis que recuperar. Medusa é un personaxe fascinante: é violada por Neptuno, e como é no templo de Minerva, a deusa castígaa e convértelle o pelo en serpes. Pero logo, a cabeza cortada da Medusa é un dos amuletos máis potentes da Historia: na coiraza de Carlos V estivo pintada, nun fresco de Pompea aparece Alexandre entrando en Macedonia e tamén o leva. É unha muller cun poder enorme, pero que é sometida e utilizada. E sobre Medea hai un texto moi bo, por exemplo, de Christa Wolf. Ten poderes tremendos, é unha maga como Circe, e quen consegue o castrón de ouro é ela, organízao todo. Tamén fai un dobre xogo sobre Medea muller e Medea bárbara, colonizada por ser non grega. É interesante que o seu posicionamento atende, ademais, a todos os sistemas de dominación: dos homes sobre as mulleres, do ser humano sobre a natureza, os colonialismos, os fascismos... Non é que conscientemente o pense, pero hai personaxes que dan lugar a unha revisión. Se pensas en termos de relación de poder (o que diferencia moito este poemario doutros que teño máis intimistas, como Abecedario de árbores, Desmentindo a primavera ou Catálogo de velenos), non o podes evitar. (A entrevista completa, na edición en papel d'A Nosa Terra)
Marilar Aleixandre con 'Mudanzas'. L.R.
Eu o que quixen foi darlle voz ás mulleres: nas Metamorfoses teñen unha presenza marxinal, e cando aparecen é porque foron violadas (hai unhas quince ou vinte violacións na obra), e aínda por riba castigadas. O caso de Ío era un destino terríbel: ser transformada en vaca era un castigo enorme, e con todo chega a ser considerada como unha deusa, a estar no ceo. Nese poema está presente a vaca de fisterra, eu o que fixen foi traer os poemas ao momento presente.
As linguas cortadas
O libro achega unha ollada feminista sobre as Metamorfoses, dálle voz ás que non a tiveron (Medea, Circe, Medusa ...) Como mirou a través destas mulleres demonizadas pola mitoloxía?