PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Senón en 2011 colapasaría
A OCDE pide máis dominios na Internet

Redacción .  Os poderes públicos e as empresas deben actuar de xeito 'concertado, eficaz e urxente' para satisfacer a demanda crecente de dominios de Internet e garantir o futuro da economía 'en liña', segundo un informe feito público pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

Reloxo 15.05.2008 | 23:12

Internet Internet No  informe da OCDE os expertos estiman que, de manterse a actual tendencia, con case o 85% do total de dominios dispoñibles asignados a principios de 2008, non haberá máis direccións libres de aquí a 2011. Iso significa que nin os novos internautas nin os novos equipos móbiles poderán conectarse a Internet.

Nova versión do protocolo de Internet

Daquela a OCDE propón como solución a versión 6 do protocolo Internet (IPv6) que proporcionará un número practicamente ilimitado de direccións e contribuirá a promover o desenvolvemento da banda ancha, teléfonos móbiles e redes conectadas a Internet, así como novos servizos.

Sector público e privado deberían, xa que logo, segundo a OCDE, sensibilizarse sobre a necesidade de empezar a preparar xa o paso da actual versión 4 do Protocolo Internet ao IPv6 e explicar aos provedores de acceso a Internet e aos profesionais da informática que esta evolución supón "unha oportunidade comercial e social e non unha carga financeira".

Ata agora os provedores de servizos mostráronse reticentes a investir porque a demanda do Ipv6 é aínda débil. Por iso, segundo o informe da OCDE, os Gobernos teñen un importante papel que xogar en tanto que principais usuarios dos servizos da rede, estimulando a demanda a través de políticas relativas ao mercado público e con asociacións entre os sectores públicos e privados para a investigación e o desenvolvemento do IPv6.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil