Xan Carballa . Xosé Ramón Fernández Antonio (Vigo, 1952), gábase de que o goberno galego fose o primeiro en adoptar medidas anticrise e propoñer unha fórmula de financiamento, 'a proposta que puxo Solbes na mesa non cobre as expectativas de suficiencia. Envellecemento e dispersión deben ser consideradas para posibilitar un acordo'
Que capacidade ten o goberno galego para incidir sobre a crise económica? Hai que ter en conta que estamos nunha situación caracterizada pola crise financeira internacional, cunha forte restrición do crédito como efecto máis directo; cun espectacular crecemento do prezo do petróleo e de moitas materias primas e un exceso de oferta no sector da construción residencial. No mes de xaneiro tomamos varias medidas, cos límites das nosas competencias, que tratan de incidir neses tres aspectos críticos. Respecto á construción aumentando a licitación de obra pública, cun compromiso de contratar máis de 1.500 millóns de euros en 2008, que percorrida a metade de ano xa se sustanciou no 50%. Tomamos tamén medias para fomentar a promoción de vivendas de protección oficial e rehabilitación que están dando resultado e inflúen na xeración de emprego. En relación á restrición da liquidez dos mercados internacionais tomamos medidas cos instrumentos que temos (IGAPE e XesGalicia) para facilitarlle o financiamento ás empresas. As decisións de xaneiro puxeron en mans dos empresarios máis de 700 millóns de euros por diferentes vías (préstamos, subvencións ou avais) e recentemente reuninme en Luxemburgo co presidente do Banco Europeo de Desenvolvemento e conseguimos outros 200 millóns de Europa nesa caste de axudas. Non queremos que ningún proxecto viábel quede sen financiamento. Entrarían os acordos sociais nesas medidas anticrise? Hai que procurar un clima de confianza mediante o diálogo social. Velaí a sinatura o pasado sete de xullo dun acordo pola competitividade de economía por parte do presidente da Xunta con sindicatos e empresarios. Son medidas como as que citei e outras a máis prazo, porque estamos nun momento de caída do ciclo de crecemento económico. Pero Galicia ten aque gañar posicións para situarnos nunha boa posición. Nós temos sectores sólidos, como o automóbil, o naval, o textil-moda ou o de enerxías renovábeis e debemos incidir nos factores que nos poñan nunha mellor situación de competitividade. Queremos competir en diferenciación e calidade non con baixos salarios. Arrastramos un diferencial respecto a Europa e España en converxencia. Temos que avanzar máis rápido e a situación actual parece anunciar un retraso nesa igualación. Galicia nestes tres anos avanzou 7,3 puntos en converxencia con Europa e en relación con España tamén gañamos porque medramos máis a presa. Por primeira vez en moitos anos levamos dez trimestres por riba da media española, o que rompe unha tendencia crónica de que íamos por debaixo e temos que felicitarnos. Neste panorama de crise hai que dicir que seguimos medrando por riba e as taxas de paro son menores: España está no 10,4% e Galicia no 8,3%, cando en 2004 estabamos dous puntos por riba (13,5% en Galicia e 11,5% en España). O obxectivo é seguir medrando por riba da media española e penso que ese obxectivo vainos axudar na converxencia. En financiamento autonómico Galicia fixo unha proposta, que todos coñecen desde maio, a primeira despois das eleccións xerais. Un sistema de financiamento, parece unha obviedade dicilo, ten que cubrir as necesidades de gasto. As comunidades autónomas temos unha presión de gasto porque prestamos os principais servizos públicos (sanidade, educación, servizos sociais e de persoas dependentes) e por iso medran as esixencias económicas. Daquela a distribución do gasto público do estado ten que pivotar máis nas comunidades autónomas. Ese obxectivo compartímolo todos. En segundo lugar hai que financiar as competencias que temos transferidas, o que se entende por suficiencia financeira. A proposta que fixo Economía acepta agora ese principio, e asume que a nivelación debe ser total. Recoñécese tamén que debe haber máis capacidade fiscal das autonomías e incrementa a participación nos tributos que recada o estado (IRPF, IVA e Impostos especiais) pero permanecen ambigüidades en temas para nós fundamentais. Propoñen criterios específicos para Galicia? Quen xeran demandas son as persoas e unha persoa de máis de 65 anos consume catro veces máis servizos sanitarios que unha máis nova. Iso obriga a que se asuman custes diferenciais que ten Galicia, sexa o envellecemento ou dispersión da poboación. Iso aínda non se recolle no documento da pasada semana e esiximos que se formule. Son ambigüidades que hai que despexar para que o principio de suficiencia financeira sexa real. Con Solbes foi unha reunión multilateral, pero algunhas comunidades queren negociar bilateralmente. Cataluña mesmo fala diso no Estatuto.É un falso dilema. Cando presentei a proposta galega en maio fixen unha reunión bilateral co Secretario de Estado e volvín ter outras para realizar ese debate a dúas bandas, porque temos aspectos específicos. Pero debemos buscar un consenso entre as comunidades e chegar a cordos no Consello Xeralde Política Fiscal e Financeira. A normativa de estabilidade orzamentaria establece que nos momentos nos que a economía medra por riba do 3% debe haber superávit e facilitar déficits cando os crecementos son menores. Trátase de que os orzamentos teñan carácter anticíclico: Mentres Galicia medrou ao 4% controlamos o gasto público e rematamos os exercicios con superávit. En 2007, con perto de 100 millóns de euros. En anos sucesivos propomos débeda co fin de mellorar o tecido produtivo e impulsar a economía. Incluirase nos orzamentos de 2009. Como son as grandes liñas deses orzamentos? Cando elaboramos os de 2008 estabamos nun crecemento por riba do 4% pero despois baixaron as expectativas trimestre a trimestre. En 2009 o obxectivo ante un escenario de menor crecemento é reforzar as políticas sociais e darlle máis importancia ao gasto en recolocación e formación de traballadores; tamén reforzaremos o investimento produtivo para incrementar a competitividade. As eleccións non inflúen? A política é a mesma que trazamos en 2005: ten que ser apostar por unha Galicia competitiva no escenario internacional, con independencia de que haxa eleccións.
Xosé Ramón Fernández António, conselleiro de economía.
Financiamento autonómico
Na negociación do financiamento autonómico dise que ningunha comunidade ensina as súas cartas, pero cales son os elementos centrais que propón o goberno galego?
Déficit público
Haberá nesta nova situación déficit público no orzamento galego de 2009?
Descargar Tarifas