PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
SIRA FEIXÓ NUN VÍDEO DE CAMPAÑA
A nai de Feixóo: 'Di que casou con Galicia, pero Galicia non me dá netos'

Redacción .  O PP publica no Youtube un vídeo no que a familia de Alberte Núñez Feixóo descobre algúns dos intres máis persoais do candidato 'popular'.

Reloxo 03.02.2009 | 19:32

Vídeo electoral do PP no que fala a familia de Feixóo O PP segue a apostar forte pola internet para facer a campaña de Alberto Núñez Feixóo algo máis próxima. Agora os 'populares' lanzan un vídeo no que é a propia familia de Feixóo presenta as virtudes e algúns dos secretos máis íntimos do candidato conservador.

A peza iníciase coa testemuña do seu tío, Alfonso Feixóo, que lembra que “cando Alberto veu a este mundo, o 10 de setembro, eu viña dunha verbena”. A continuación falan e o seu pai, Saturnino Núñez,a súa nai, Sira Feixóo, que recorda como o “botou de casa” con dez anos para que fose a estudar a un colexio de León. A súa irmá Micaela destaca que era un “rato de bibloteca”, polo seu gusto polos estudos, e a súa capacidade de traballo, algo no que coincide o pai.

Un dos intres máis familiares do vídeo é cando a proxenitora, Sira Feixóo, láiase de que “aínda por riba, di que se casou con Galicia, pero Galicia non me dá netos”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río