PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Iniciará un 'traballo incansábel
A Mesa traballará para que o PP 'non desmantele a protección xurídica do galego'

Redacción .  A Mesa pola Normalización Lingüística vén de anunciar que, tras a vitoria de Alberte Núñez Feixóo nas eleccións galegas, iniciará 'un traballo incansábel' para que o PP 'non desmantele a protección xurídica' do galego.

Reloxo 03.03.2009 | 14:28

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingúística Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingúística Así, a Mesa recordou o anuncio dos 'populares' de que a súa primeira medida sería derrogar o decreto que estabelece un mínimo do 50 por cento de ensino en galego algo que, apuntou, "suporía un retroceso na calidade do ensino" e "tería gravísimas consecuencias para a convivencia e para o futuro do idioma".

Na mesma liña, a Mesa advertiulle ao PP de que "tomar medidas contra o galego suporía unha fractura social" e reclamoulle que "non ceda á tentación das imposicións unilaterais" se non que "adopte unha postura construtiva coa lingua e a cultura" de Galiza.

Así mesmo, a Mesa pediulles aos populares que "deixen de mentir" xa que, "no ensino hai unha lexislación negociada no 2007 punto por punto co PP" e que é "idéntica á que o PP aprobou noutras comunidades autónomas como Baleares". Finalmente, a organización asegurou que "Galiza, coas propostas do PP, podería ser a única comunidade do estado con lingua propia que non gozase de ningún tipo de protección no sistema educativo".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río