PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
R É UNHA DAS DÚAS ADXUDICATARIAS
A 'megawimax' rural de Pontevedra cubrirá 55 concellos

Redacción .  A Deputación de Pontevedra adxudicou este martes a súa enorme rede sen fíos para o rural e de carácter experimental. A iniciativa custará máis de 6,6 millóns e chegará a todos os concellos da provincia menos sete, segundo o Goberno de Rafael Louzán.

Reloxo 02.07.2009 | 09:34

Antena dunha rede sen fíos Wimax para levar internet ao rural Antena dunha rede sen fíos Wimax para levar internet ao rural. Quobis.com O procedemento divídese en dous lotes: un primeiro proxecto piloto para probar a tecnoloxía Wimax na banda de frecuencia de 2,5 Ghz nos concellos de Agolada, Meis e Arbo e un segundo, que terá por obxecto probar a frecuencia de banda de 3,5 Ghz nos concellos de Meis, Arbo e Pazos de Borbén.

O primeiro lote foi adxudicado á empresa R Cable e Telecomunicaciones Galicia, S.A., por 233.636 euros e o segundo, á empresa Iberbanda por 236.640 euros.

O plan de implantación do Wimax Rural da Deputación desenvolverá esta experiencia piloto en 25 fogares dos primeiros catro concellos, elixidos polas súas peculiaridades orográficas e nivel e dificultades de implantación de novas tecnoloxías.

A seguinte fase, logo da aprobación do expediente de contratación do servizo, será o despegue da rede, con instalación de torres e enerxía, equipos Wimax e de radioenlaces así como de interconexión coa rede da operadora.

A continuación, a deputación iniciará unha identificación das necesidades reais de cobertura e das infraestruturas existentes, así como comprobar a dispoñibilidade dos terreos para instalar as infraestruturas precisas.

Orzamento

A Deputación de Pontevedra está acometendo os traballos deste proxecto que ten un presuposto inicial de 6.693.868,53 euros, dos cales 4.685.707,97 proceden dos fondos FEDER. A Deputación achega 1.338.773,71 euros e os concellos adheridos ao convenio de colaboración 669.386,85 euros en total.

Concellos á marxe

Os concellos que se adheriron ó proxecto son 55 dos 62 da provincia. Por decisión propia segundo a Deputación, non se adheriron os de Vigo, Pontevedra, Cangas, Vilagarcía, A Estrada, Redondela e Marín que optaron, pola súa conta, a outros proxectos dos citados Fondos FEDER.

A administración informa que o proxecto Wimax Rural en Pontevedra ten o obxectivo de dotar de acceso á internet de banda larga aos cidadáns e empresas fundamentalmente do medio rural da provincia de Pontevedra a un prezo 'asequíbel'.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río