PUBLICIDADE
Martes, 09 de febreiro de 2010
Contra a 'involución lingüística'
A manifestación en defensa do galego será o 17 de maio

Redacción .  A Mesa pola Normalización Lingüística convocou hoxe a cidadanía, nunha conferencia de prensa en Compostela, para se manifestar a prol dalingua galega nunha manifestación o 17 de maio, Día das Letras.

Reloxo 06.03.2009 | 12:29

Conferencia de prensa da Mesa Conferencia de prensa da Mesa. L.R.

Quérese así "loitar contra a involución lingüística que promete o novo goberno" presidido por Alberte Núñez Feixóo, segundo indicou o presidente da Mesa, Carlos Callón. A primeira convocatoria é para unha xuntanza aberta o luns 9 ás 19.00 horas na Galería Sargadelos compostelá (onde tivo lugar a conferencia de prensa), e tamén haberá asemblea xeral da Mesa o 18 deste mes.

As accións nas que se pensa son concertar entrevistas e reunións cos novos responsábeis de Política Lingüística e Educación. Finalmente, a Mesa convoca a cidadanía para unha manifestación a prol do galego o día 17 de maio, "que ten de ser histórica" para lle demostrar ao novo goberno "que a sociedade galega non lle vai permitir que dea ese paso atrás". Advertiu tamén a Núñez Feixóo de que "non é atacando a cultura e a educación como se remedia a crise".

Callón lembrou tamén que o castelán non está en perigo en Galiza, e que a protección do galego no ensino existiu dende o Estatuto de Autonomía. "Non é algo creado polo bipartito". Sinalou que o Decreto 247/1995 incluía, no seu artigo 8, a preferencia polo emprego da lingua galega, tanto oral coma escrita, por parte do alumnado, nas materias impartidas nesa lingua, así como por que os materiais didácticos que se empreguen nesas áreas estivesen escritos en galego". O mesmo que recomenda o artigo 13 do actual Decreto (124/2007) no seu artigo 13.

As expectativas para a manifestación convocada para o 17 de maio son altas: superar as 25.000 persoas que asistiran o ano pasado baixo o lema 'Polo dereito a vivirmos en galego'.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río