PUBLICIDADE
Martes, 08 de xullo de 2008
Reúnese a Comisión Nacional de Enerxía
A luz podería subir en xullo un 20%

Redacción .  O consello de administración da Comisión Nacional da Enerxía (CNE) ten previsto abordar na súa reunión deste martes o informe no que, como establece o novo mecanismo, proporá ao Ministerio de Industria unha posible revisión da tarifa da luz a partir do 1 de xullo.

Reloxo 11.05.2008 | 21:20

Contadores da luz. Contadores da luz. É probable que o regulador enerxético se decante por aplicar subidas que acheguen a tarifa ao custo real da enerxía. Os técnicos do regulador xa advertiron a finais do ano pasado ao Ministerio de Industria da comenencia de aplicar unha medida deste tipo.

Segundo informa El Economista o secretario xeral de Enerxía, Pedro Marín Uribe, asegurou o venres que o seu departamento supón que o regulador proporá "elevacións importantes" na tarifa eléctrica de cerca do 20%, e adiantou que Industria, que é a que debe adoptar a decisión final, tomará en "moita consideración" o informe do regulador.

Ata agora, Industria era a que remitía unha proposta trimestral de revisión do prezo da luz á CNE, que se encargaba de elaborar un informe non vinculante logo de recoller as opinións do sector, agrupado en torno ao consello consultivo da electricidade.

No entanto, a partir da revisión do 1 de xullo será o propio regulador enerxético o organismo encargado de elaborar a proposta tarifaria, que se enviará a Industria para que tome a decisión final.

O primeiro informe de proposta do organismo presidido por María Teresa Costa coincide coa crecente presión para que se apliquen subidas que acheguen o prezo da luz ao mercado e que axuden a aliviar o forte déficit tarifario -diferenza entre o custo recoñecido da electricidade e os ingresos da actividade regulada-.

Para este ano, a propia CNE calcula que o déficit tarifario podería roldar os 4.725 millóns de euros. Desta cifra deben descontarse os dereitos de emisión de CO2 asignados ás eléctricas.

Logo de aplicar en xaneiro unha subida do 3,3%, Industria decidiu conxelar as tarifas na última revisión, realizada en abril, nun momento marcado polas eleccións xerais e a constitución dun novo Goberno.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil