Manuel Vilas . Malia que xa se gastou 35 millóns públicos en mellorar as liñas de Telefónica para estender a banda larga, internet segue sendo unha Internet utopía en moitos lugares, mesmo a cinco minutos do Obradoiro.
"Estamos nunha situación límite, Telefónica dáme largas, a Xunta dime que proteste no Ministerio e en Madrid o único que responden é que esta parroquia non entra no Plan de Extensión da Banda Larga (PEBA), e iso que parte dela é zona urbana”, laméntase Díaz.
Illado cun TRAC
A única saída que atopou é pagar 60 euros ao mes por unha conexión vía móbil, que non lle permite aproveitar todas as posibilidades da rede, como os vídeos. Hai que sumarlle os 20 euros que paga polo obsoleto TRAC; unha liña “do ano catapún” vía radio que é a causa do seu illamento.
O que máis indigna a este pequeno empresario é que Telefónica cobre subvencións por mellorar as súas liñas sen asegurar unha cobertura universal. “Non deberiamos ter que ser nós, os cidadáns, os que protestáramos, deberan ser as administracións, que para iso lle están pagando”. O certo é que 35 millóns de euros das arcas públicas xa se gastaron no PEBA en Galiza, a maior parte na mellora da rede de Telefónica.
O teu veciño si, ti non
O caso de Carmen roza o surrealismo. Vive a cinco minutos en coche do centro de Santiago nun edificio catro vivendas, das que dúas poden ter ADSL e outras dúas non. A causa, segundo lle dixo Telefónica, é que “o bucle non ten suficiente potencia”.
“Escribín ao Plan Avanza, e remitíronme á Consellería de Industria, escribín a Xunta e non me contestaron nada en concreto” laméntase esta veciña, que insiste que a súa zona “non é rural, é a periferia dunha gran cidade”.
“Propaganda estatal e autonómica”
A diferenza de Viveiros Panfulía, Carmen non está disposta a pagar as altísimas tarifas da internet a través do móbil nin o ADSL rural do PEBA. E é que Telefónica 39 euros por 512 kbs, a metade do peor ADSL urbano, aos clientes 'rurais'. “Eu quero algo que sexa xusto comercialmente, non contratar un servizo moi caro que non me permite ter tarifa plana de chamadas telefónicas, porque me parece un abuso”, argumenta esta cidadá.
O seu enfado é tal que asegura que “todos os días vexo noticias de que levan investidos moitísimos millóns na internet rural, pero visto o visto non é máis que propaganda, tanto da administración estatal como da autonómica”.