PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Máis galegos que gallegos
A internet demostra que se empregan máis os topónimos galegos

Redacción .  Procuramos en Google os resultados para a palabra galego e comparámolos coas veces nas que se recolle a voz gallego e sorpresa: galego aparece 20 millóns de ocasións máis que gallego.

Reloxo 17.04.2008 | 19:39

Google-Coruña Google-Coruña. XC

O buscador Google converteuse nunha ferramenta imprescindíbel para moitos internautas pola súa capacidade de localización de textos. Mais esta páxina ofrece algunhas posibilidades nas que pouco reparan os que a visitan. Por exemplo, se alguén quer saber se burro se escribe con “b” ou con “v”, non ten máis que buscar en Google as dúas palabras por separado. Ao facelo, comprobamos que os resultados de “burro” son 6,9 millóns, fronte a 23.000 de “vurro”, o que significa que se escribe con “b”. Eis a democracia estatística da internet.

Mais, que acontece con outras palabras? O termo “galego” aparece 29 millóns de veces, mentres que a voz “gallego” emprégase en nove millóns de ocasións. Se nos fixamos nos topónimos, “A Coruña” aparece 7,6 millóns de veces, mentres que “La Coruña” sae 5,5 millóns. Esa circunstancia non sempre se dá no caso de todos os topónimos deturpados e Ourense recóllese menos veces que a voz Orense, mais se depuramos os resultados e só escollemos ignorando o inglés, comprobamos que as dúas formas empréganse de forma análoga.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río