PUBLICIDADE
Mércores, 08 de outubro de 2008
Entre o 4 e o 7 de decembro
A II edición do CulturGal abrirase a todos os públicos

Redacción .  Terá lugar no Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña, onse tivo lugar esta mañá a presentación. O CulturGal consolídase como a gran cita das empresas galegas de produción e divulgación de contidos culturais.

Reloxo 18.07.2008 | 18:43

Presentación do CulturGal Presentación do CulturGal

Presentárono no PALEXCO a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e a concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, xunto a Fran Alonso, de Xerais, como representante das industrias culturais galegas, o director da feira, Nel Vidal, e varias persoas representantes do sector da creación cultural en Galiza.

Neste segundo CulturGal quérese aumentar a participación de profesionais na feira, pero tamén do público en xeral. Outros obxectivos son dar a coñecer como se artella o sector e facer máis visíbel a actuación destas empresas. CulturGal quere así constituírse como unha plataforma que se erixa en referencia anual imprescindíbel para os e as profesionais do sector e persoas implicadas no mundo da cultura, un punto de encontro que lle dea maior impulso e proxección ás creacións galegas.

A feira ofrece unha visión integral da produción de contidos culturais en Galiza incluíndo todos os ámbitos de manifestación creativa: as artes escénicas, o audiovisual, o libro, a música, as novas tecnoloxías para a cultura e o lecer, así como os servizos socioculturais. No encontro tamén se recoñecerá a importancia do deseño gráfico, da publicidade, das artes visuais ou da serigrafía como sectores implicados no desenvolvemento cultural.

Programa de actividades

Amais das actividades destinadas a profesionais, CulturGal 08 abre as súas instalacións ao público en xeral, e programa un conxunto de actividades específico: actuacións musicais, proxeccións, obradoiros, presentacións de libros, discos, actividades infantís, mesas redondas... CulturGal servirá, xa que logo, para que o público coñeza como se artellan as industrias culturais galegas e se implique coa produción de contidos propios.

O CulturGal está organizado pola Consellaría de Cultura e Deporte coa colaboración dun consello asesor en que están representadas as principais organizacións sectoriais da cultura galega: Asociación de Profesionais da Xestión Cultural de Galiza, Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas Dedicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), Clúster do Audiovisual Galego, Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, Consello Asesor do Libro e Escena Galega.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil