PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
Iniciativa didáctica a través do cómic
A historia de Galiza contada pola xente máis nova

Redacción .  E en banda deseñada. Así se presenta Historias de Galiza, en cinco tomos. O primeiro deles, con guión de Carlos Rafael Ramos, serviulles a cinco autores e autoras novas para explicaren, en cadriños, o período entre o mesolítico e a conquista romana.

Reloxo 21.05.2008 | 10:35

Presentación de 'Historia de Galiza' no CGAC Presentación de 'Historia de Galiza' no CGAC O CGAC, en Compostela, acolleu este martes a presentación do primeiro dos cinco volumes que integrarán a colección "Historias de Galiza". Editada por Difusora de Letras, Artes e Ideas, e patrocinada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, a obra sae ás rúas con 3.000 exemplares. Neste primeiro tomo, Idoia de Luxán Vázquez, Jerónimo Piñeiro de Castro, Juan Luis Pérez, Carlos Alfonso Fernández e Jaime Eizaguirre percorren o treito dende a Prehistoria á romanización.

No acto de presentación participaron, ademais do guionista, Carlos Rafael Ramos, Idoia de Luxán e Jerónimo Piñeiro, e o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela. Os obxectivos desta acción son potenciar e promocionar a efervescente creatividade da mocidade en canto a banda deseñada, e situar a historia de Galiza coma un contexto válido para a creación de ficción. Ao fin de cada volume, unha recensión máis didáctica contextualiza os cómics.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río