Manuel Vilas . Unha ducia de mozos boicotea a charla da política vasca María San Gil (PP) na Facultade de Económicas da USC .
Vídeo dos incidentes na charla de San Gil. Youtube:criterio
Entrou María San Gil, presidenta do PP en Euskadi, na Facultade de Económicas de Santiago e comezaron os golpes. Unha ducia de mozos abalanzáronse cara ela para berrarlle á cara “fascista!”, “asasina!” ou “fóra da Galiza”!. Versións contraditorias Tras incidentes, policías e manifestantes acusáronse mutuamente de ter provocado a liorta e de ferir a varias persoas. Pola súa banda, a Facultade de Económicas da USC sacou un comunicado urxente de condena.
1 / 5
De seguido, os escoltas da política conservadora sacaron as porras para facerlle paso cara o salón de actos. Aló San Gil fóra convidada pola Universidade de Santiago Compostela para dar unha charla sobre 'A muller na sociedade e na economía'.
“Quen é a terrorista?”
No transcurso dos incidentes varias persoas acabaron no chan. Unha vez lograron introducir á política no auditorio, os escoltas saíron ao recibidor, onde os manifestantes seguían berrando en contra do Partido Popular. Daquela as forzas de seguridade voltaron a bater nos mozos, ante a presencia dos membros do servizo de seguridade da USC.
“Quen é a terrorista, eu?” foron as verbas de San Gil para comezar a charla. “Un días dinme que teño que marchar do País Vasco e outros da Galiza, non sei que vou facer”, ironizou.
Violencia e nacionalismo
A líder popular tentou vincular os incidentes co goberno de Zapatero e mesmo coa presencia do BNG no goberno da Xunta. San Gil advertiu que anos de goberno do PNV en Euskadi lograron definir quen é “bo basco”. "Co tempo o Bloque vai querer interiorizar na sociedade que ser bo galego é ser nacionalista”, alertou.
“Nunca a forma de manifestar o descarodo pode ser a violencia”, dixo San Gil, quen foi quen de proseguir o relatorio malia os gritos dos mozos que a esperaban fóra.