PUBLICIDADE
Sábado, 22 de novembro de 2008
Só hai tres españolas na lista de 'Forbes'
A galega Rosalía Mera, entre as máis ricas de Europa

Redacción .  As irmáns Alicia e Esther Koplowitz e a ex muller de Amancio Ortega, Rosalía Mera, son as únicas españolas que se encontran na lista das mulleres máis ricas de Europa.

Reloxo 28.08.2008 | 12:36

Rosalía Mera Rosalía Mera

Todas elas ocupan postos distinguidos neste ránking, xa que están entre as doce con maior capital, segundo sinala a prestixiosa revista “Forbes”. A lista está liderada por Lilian Betancourth, herdeira da marca cosmética L'Oreal, a máis grande do seu sector, cunha fortuna superior aos 15.000 millóns de euros.

Pola súa parte, Alicia Koplowitz ocupa a sétima posición, cun patrimonio superior aos 3.500 millóns de euros. Mentres, súa irmá Esther está situada en undécima posición cunhas posesións valoradas en máis de 2.200 millóns de euros.

Pecha este ránking, a galega Rosalía Mera, cunha fortuna que ronda os 2.000 millóns de euros. Ademais esta última está considerada como unha das poucas que amasou ela mesma o seu propio patrimonio, xa que a maior parte dos que conforman esta lista están vinculados ao matrimonio destas mulleres con homes ricos ou ben proceden de herdanzas familiares.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil