PUBLICIDADE
Venres, 03 de setembro de 2010
En Galiza e outras oito comunidades
A emisora de Losantos comezará a emitir o 7 de setembro

Europa Press A emisora do xornalista Federico Jiménez Losantos, 'esRadio', confirmou a súa presenza en nove comunidades españolas, entre elas Galiza, a partir do próximo 7 de setembro -data de lanzamento da cadea radiofónica- a través da adquisición de 25 emisoras locais, á vez que anunciou acordos para emitir 'en breve' en Catalunya, País Vasco, Asturias e Baleares.

Reloxo 04.09.2009 | 13:17
TAGS: esRadio , Losantos ,

Federico Jiménez Losantos Federico Jiménez Losantos

De momento, as emisoras confirmadas están en Andalucía (Sevilla, Málaga e Marbella), Aragón (Zaragoza), Castela-A Mancha (Guadalaxara), Castela-León (Burgos), Galiza (A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo), Canarias (Gran Canaria e Tenerife), Madrid (Madrid capital e San Martín de Valdeiglesias), Murcia (Murcia) e Valencia (Valencia, Castelló e Xátiva).

No entanto, 'esRadio' apuntou que existen "negociacións avanzadas" para que os programas desta emisora se escoiten en máis provincias. Así, nos próximos días está previsto que a este grupo se sumen outros acordos alcanzados con empresas locais de radiodifusión, "unha vez completen o axuste técnico".

A emisora de Losantos comezará as súas emisións o próximo 7 de setembro ás 07h00, co programa do xornalista que recibirá o nome de 'É a mañá de Federico'. A web desta cadea asegura que "todo está listo" para o lanzamento e recolle imaxes do propio Losantos, César Vidal e Luís Herrero nos ensaios previos ao próximo luns. De momento, 'esRadio' emite desde o pasado martes contidos en probas a través de Veo TV.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río