PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
3 e 4 de xullo
A diversidade sexual centra unhas xornadas en Compostela

Redacción .  A Asociación O que nos sae da cona organiza dúas xornadas de debate e lecer, na compostelá Praza do Irmán Gómez (ou dos Bombeiros), arredor da diversidade sexual.

Reloxo 03.07.2009 | 13:06

Parte do cartel das xornadas de diversidade sexual Parte do cartel das xornadas de diversidade sexual

O primeiro día, este venres 3 de xullo, as actividades comezarán ás 18.30 da tarde cunha charla cunnilingus, e ás 19.30 taller de caricias. Xa ás 20.30 terá lugar un recital de poetas galegas, para ás 21.30 darlle paso ao concerto do grupo Tetra & Freek e á batukada de Trópico de Grelos.

Xa o sábado 4 de xullo, a xornada desenvolverase baixo o epígrafe "con P de puta" e contará con Rute Cortiços como moderadora dos debate: comezará á 13.00 con "a prostitución a debate: abolicionistas", que contará ca participación de Ana Valsarbe, de Mulheres Livres, e continuará ás 16.30 con "prostitución a debate: regulacionistas", coa participación de Laura Bugallo.

No medio celebrarase un xantar popular, e despois dos debates, Clara Gayo ofrece unha actuación: o seu monólogo Stress. Ás 19.30 haberá unha nova, e a partir das 21.00, subirán ao escenario o grupo de rock Tungsteno e Leo, punk de autor. A Asociación O que nos sae da cona quere agradecerlles aos locais As Dúas, Ultramarinos, El Matadero, Tarasca, O Curruncho, Restaurante Porta do Camiño e Pizza Polo a súa colaboración nestas xornadas da diversidade sexual.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río