PUBLICIDADE
Xoves, 28 de agosto de 2008
CAIXANOVA INVESTIU 22 MILLÓNS
A crise de Fadesa afecta á familia Ortega

M. V A sobriña do magnate é unha das principais investidoras na inmobiliaria Martinsa-Fadesa, na que participa canda o seu marido, ex-director xeral de Inditex.

Reloxo 17.07.2008 | 07:47

O ex director xeral de Inditex, Juan Carlos Rodríguez Cebrián. marido de Dolores Ortega, na xunta de accionistas de Martinsa-Fadesa O ex director xeral de Inditex, Juan Carlos Rodríguez Cebrián. marido de Dolores Ortega, na xunta de accionistas de Martinsa-Fadesa Na OPA da madrileña Martinsa sobre a galega Fadesa, Aguieira de Inversións fíxose co 8,7% das accións da inmobiliaria. Detrás desta firma están Dolores Ortega, sobriña de Amancio Ortega, e o seu marido, ex director xeral de Inditex, Juan Carlos Rodríguez Cebrián.

Segundos a bordo

O matrimonio adquiriu 34.262 accións nas que gastaron 158 millóns de euros. Son, tras Fernando Martín (60,03%) e Antonio Martín Criado (15,11%), os que máis poder teñen no actual Consello de Administración de Martinsa-Fadesa, segundo figura nos informes públicos da CNMV.

Dolores Ortega e Juan Carlos Cebrián entraron a ampliación de capital de hai un ano, á que tamén se apuntou Caixanova. A entidade financeira galega investiu menos, 22 millóns, e posúe en torno a un 1 por cento do capital. Abondo para tamén estar representada no Consello de Administración.

As accións caen un 80%

A ampliación de capital produciuse en marzo do 2007, nove meses antes da OPA. Daquela as accións valían 35,7 euros. Cando a firma foi apartada da cotización na bolsa, os títulos andaban polos 7,3 euros, un 20 por cento do prezo que tiñan na ampliación.

Polo tanto, o valor das accións acumuladas por Dolores Ortega e o seu marido rexistran unhas perdas potenciais de 127 millóns. No caso de Caixanova trataríase de 17,6 millóns.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2008 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Preguntoiro, 9 - 1º esq. 15704 Compostela
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil