PUBLICIDADE
Sábado, 04 de xullo de 2009
Negociación do réxime ordinario
A CIG-Saúde reclámalle a Sanidade que convoque a mesa sectorial

Redacción .  A Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) reclámalle ao Servizo Galego de Saúde a convocatoria da mesa sectorial para negociar o réxime ordinario de carreira profesional, despois de que hai 'máis de dous meses' lle entregase aos sindicatos un documento no que expuña a súa proposta.

Reloxo 03.07.2008 | 11:30
TAGS: cig-saúde , sanidade ,

Galiza conta con 4,16 médicos por cada mil habitantes Galiza conta con 4,16 médicos por cada mil habitantes. W. J. A central nacionalista pídelle á Administración sanitaria que "dunha vez convoque a mesa sectorial". Respecto diso, a AgM-CIG insistiu no seu rexeitamento á proposta de Sanidade sobre o réxime ordinario de carreira profesional.

Respecto diso, xustifica que a proposta do Servizo Galego de Saúde "exclúe inxustamente" da carreira profesional aos profesionais temporais con máis de cinco anos de servizos prestados, "non considera o período MIR como tempo traballado" a efectos da mesma e "ignora" a promoción interna, tanto vertical como horizontal.

Aforro económico

Ademais, o sindicato sinala que a proposta, de febreiro de 2008, "está demasiado preocupada polo aforro económico" que, segundo matiza, reflíctese tanto na negativa a aceptar "os tempos sobrantes" do acceso ao réxime extraordinario, "como no intento de obrigar aos que accederon a un determinado grao de carreira profesional polo réxime extraordinario a que permanezan nese grao un mínimo de tres anos a pesar de que cumpran xa os criterios de anos de servizos prestados que se requiren para acceder ao seguinte grao polo réxime ordinario.

Tamén considera que a proposta de Sanidade "pretende converter a carreira profesional nun novo complemento de produtividade variábel, esquecendo que son dous conceptos diferentes". Deste xeito, a CIG recorda que a primeira está dirixida, sobre todo, a recompensar o esforzo individual dunha profesional por mellorar e actualizarse profesionalmente, mentres que o segundo ten como fin recoñecer o cumprimento dos obxectivos asistenciais.

Con todo, a central nacionalista sostén que a proposta da Administración sanitaria é "un documento escuro e pouco concreto" nos procesos de avaliación para o paso dun grao de carreira profesional ao seguinte. "Non está nada claro que se avaliará, como avaliará, quen avaliará e cando se farán as avaliacións", puntualiza. "Este é un aspecto esencial para a credibilidade da carreira profesional entre os profesionais e o documento do Sergas está lonxe de tratalo dun modo claro e convincente", conclúe.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2009 A Nosa Terra
Principe 24 - 1º. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago:
Rúa Laverde Ruíz, 6. Baixo esquerda
15702. Santiago de Compostela.
Tel. 981 569 193 - 981 570 264

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente: Miguel Barros Puente
Conselleiro-delegado: Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río