PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Despois de ser excluída desde o 2004
A CIG poderá participar nos fondos estatais para planos de formación

Redacción .  O Xulgado Central do Contencioso-Administrativo número 6 de Madrid vén de ditar sentenza pola que recoñece o dereito da CIG a participar no reparto dos fondos estatais destinados á formación intersectorial.

Reloxo 16.07.2009 | 13:31

Antón Casal, Xerente de FORGA, e Anxo García Torres, secretario Confederal de Formación para o Emprego da CIG, reuníronse co Xerente da Fundación Tripartipa para a Formación no Emprego. Antón Casal, Xerente de FORGA, e Anxo García Torres, secretario Confederal de Formación para o Emprego da CIG, reuníronse co Xerente da Fundación Tripartipa para a Formación no Emprego.. CIG A CIG, excluída dende 2004 das axudas estatais á formación, valorou moi positivamente a resolución, por canto “a decisión da administración central vulneraba o dereito á liberdade sindical dos traballadores e traballadoras, ao tempo que demostra a existencia de accións dirixidas a marxinar ao sindicalismo nacionalista”.

Os feitos denunciados remóntase ao ano 2004, cando se publicou a convocatoria de subvencións do INEM para os Planos de Formación Intersectorial, da que a CIG foi excluída polo goberno daquel momento, presidido por José María Aznar, a pesar de ter representación no organismo encargado de asignar as axudas. Naquel momento, a Administración impúxolles ás organizacións sindicais, a obriga de contar coa condición de mais representativa no ámbito estatal, así como de ter un ámbito de actuación superior ao dunha Comunidade Autónoma, para acceder aos programas de subvencións.

A CIG interpuxo recurso contra a citada convocatoria, a medio da Asesoría Xurídica Nacional, fundado na vulneración do dereito á liberdade sindical e de negociación colectiva dos traballadores e traballadoras galegos e galegas, que implicaba a imposición gobernamental.

“Marxinar o sindicalismo nacionalista”

“A decisión tomada polo goberno de Aznar, inserida dentro dun pacto entre formacións políticas e sindicais estatais, dirixiuse, claramente, a marxinar o sindicalismo nacionalista e os nacionalismos en xeral”, apunta o Secretario Confederal de Formación para o Emprego da CIG, Anxo García Torres.

Nesta liña subliñou que a exclusión da central destes fondos viola o dereito á negociación colectiva e á liberdade sindical, dereitos fundamentais que, segundo recoñece a sentenza non poden ser vulnerados por disposicións de rango inferior, como unha convocatoria de axudas. “Un traballador galego ten os mesmos dereitos que calquera outro traballador e non se poden restrinxir por unha disposición menor”, destaca García Torres.

A resolución determina que o criterio de “maior representatividade” estabelecido na convocatoria non é válido á hora de outorgar ou denegar subvencións para fins sindicais ou de formación, xa que vulnera o núcleo esencial do dereito á liberdade sindical. Así, a sentenza declara nula a convocatoria do 2004 e condena o Estado a admitir a CIG no reparto dos fondos destinados á formación, que ascenden anualmente a un montante duns 2.500 millóns de euros.

A CIG entende que “a sentenza vén demostrar a existencia dunha acción por parte do goberno e os sindicatos e partidos estatais, destinada a marxinar o sindicalismo nacionalista durante a época de Aznar que agora é preciso arranxar e que cumpre pór a máxima dilixencia na materia, a efectos de non seguir a perpetuar unha inxustiza contra os traballadores galegos”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río