PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Cafés con científicos e actores
A ciencia invade os bares galegos

Raquel Rei 'Si Mahoma non vai á montaña, a montaña vai a Mahoma'. Con esta filosofía dous profesores da Universidade da Coruña crearon hai dous anos os cafés-teatro-científicos.

Reloxo 01.11.2008 | 07:00

Cafés científicos. Bocixa / Raquel Rey

Os mestres Xurxo Mariño e Castro Rivadulla, do grupo NEUROcom, promoveron o proxecto dos cafés científicos, unha actividade de divulgación  para achegar á sociedade ao saber científico. Hoxe, esta forma peculiar de levar a ciencia a lugares populares conta coa axuda e apoio das tres universidades de Galiza e da Consellería de Innovación e Industria.

Buscan achegar coñecementos a veces pouco accesíbeis da ciencia ao público maioritario. A filosofía é usar a ciencia para entender mellor o mundo no que vivimos. O gancho é o humor.

Actores e científicos

O resultado son os cafés científicos que percorreron durante os meses pasados diferentes bares do  país contando coa axuda de científicos como Elena Vázquez, Luís Sampedro, Eduardo Sánchez e Alberto Velando. Estiveron acompañados polos actores Vicente de Sousa e César Goldi.

Esta edición xa acabou, mais para o próximo ano volverán con máis cousas que ensinarnos. ANT TV pasouse por un dos seus actos para amosar como os cafés poden ter moita ciencia.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río