PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
INVESTIRÁ MÁIS DE 200.000 EUROS
A cidade de Pontevedra promete wifi na zona vella

Redacción .  Os municipios galegos volven a prometer o lanzamento de wifis a medida que se achegan as eleccións locais. Onte era o municipio de Ourense o que anunciaba un servizo de balde. Hoxe é o de Pontevedra o que promete conexión á internet nas prazas do centro histórico.

Reloxo 09.02.2010 | 11:51
TAGS: pontevedra , internet , wifi ,

Casco histórico de Pontevedra Casco histórico de Pontevedra. Grupo XEA

O programa Pontevedra Conecta conta cun orzamento de máis de 208.000 euros. O Goberno local estuda activar a wifi na zona do concello, A Ferrería e A Verdura, ademais de en varios edificios públicos locais.

Está aínda por decidir a estratexia de mercado para captar un número relevante de usuarios, despois do fracaso da rede na zona vella de Compostela.

Pontevedra baralla cobrar unha pequena cantidade a través dunha empresa concesionaria, ou ofrecer o servizo de balde a través dun patrocinio.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río