PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
O Museo da Marioneta de Lalín
A casa dos monicreques

Bocixa/ Raquel Rei Logo de coñecermos a traxectoria de Títeres Viravolta, que dende a súa fundación, no 82, loitaron pola recuperación do teatro tradicional de títeres en Galiza, achegámonos ao Museo da Marioneta de Lalín, nacido precisamente a partir dunha mostra conmemorativa do traballo de Viravolta, no Museo Municipal de Lalín.

Reloxo 03.07.2009 | 07:41

O museo das marionetas. Viravolta Títeres. Bocixa/R. Rei

Daquela amosáranse tanto bonecos e escenografías como fotografías e demais materiais das montaxes realizadas. Esta exposición foi o punto de partida para a creación do Museo Galego da Marioneta, inaugurado en decembro de 2001. Falamos de novo con Pilar Álvarez e Xulio Balado, de Viravolta, que explican que aínda quedan moitas pezas por dispor, e están á espera de axeitar mellor o espazo.

Foi xa no 98 cando o Museo Municipal Ramón María Aller de Lalín acolleu unha exposición conmemorativa do décimo quinto aniversario da estrea do primeiro espectáculo de monicreques da compañía Viravolta. Aquela exposición foi o xerme do Museo Galego da Marioneta, que, se inaugurou no 2001, e en poucos anos converteuse nunha referencia para todas as persoas interesadas no mundo do monicreque, e mantén unha programación estábel, organizando talleres de iniciación, cursos para profesionais dos monicreques e da educación, e mostras de teatro de marionetas como Titirientroido, Titirideza e Cantos e Contos do Nadal.
 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río