Redacción . O proxecto 'En Feminino', no que participan as artistas plásticas galegas, Rebeca Ponte, Mónica Pan, Belén Cossío-Gallego, Lara Pintos, Noelia Buján será presentado ao público o vindeiro 25 de novembro na Sala Francesca de Lleida, abrindo unha xornada de repulsa contra a violencia ás mulleres organizada polo Concello de Solsona, o Consell Comarcal do Solsonés e a Asociación de Mulleres e Teixit Rural. As cinco creadoras amosan con estilos diferentes a imaxe da muller e os seus novos roles na sociedade.
A mostra, que estará comisariada por unha das participantes, Rebeca Ponte, recolle a mirada feita por mulleres unindo varias disciplinas plásticas e estilos diferentes entre si. Nesta mostra as cinco creadoras tocan temas como a maternidade, a transformación da sociedade patriarcal, o corpo, a cirurxía e a feminidade participando nos actos contra a violencia de xénero que van ter lugar na Xala Francesca de Lleida. O proxecto foi elixido pola xestora catalá, Laura Ibanyez, que o recomendou polo seu alto contido social ao Instituto Catalán da Muller ao ver parte do seu contido na Sala Sanoguera de Melide. Unha beca do Instituto Catalán da Muller posibilitou o seu desenvolvemento expositivo fóra de Galiza.
Fragmento dunha obra de Rebeca Ponte.
Descargar Tarifas