Redacción . A Asociación de Escritores en Lingua Galega foi confirmada como membro da EWC-FAEE A.I.S.B.L. (Confederación de Escritores Europeos – Federación de Asociacións Europeas de Escritores), na Asemblea Xeral que tivo lugar hai unha semana en Marsella.
Xunto coa AELG, ingresaron na EWC-FAEE A.I.S.B.L., a Asociación Europea de Escritores Die Kogge e. V. de Alemaña; a Asociación de Escritores Daneses; a Unión de Escritores Bielorrusos; a Asociación de Escritores Eslovenos, e a Academia da Lingua Maltesa. EWC-FAEE A.I.S.B.L. son proxectos financiados con apoio da Comisión Europea. O EWC agrupa 57 asociacións de escritores e escritoras en 30 países de Europa, representando unhas 58.000 persoas do mundo literario. Defende a diversidade cultural a través do enxalzamento da conciencia da importancia do papel dos creadores e a cultura para a Axenda de Lisboa, e a necesidade dos creadores de garantir o respecto aos seus dereitos económicos e morais na era dixital.
Cesáreo Sánchez Iglesias.
Descargar Tarifas